SCQ Coworking

Andas na procura dun espazo de Coworking en Compostela?

Doutro Xeito

Espazo de Coworking de 180 m2 situado no centro de Compostela. Dispoñen de mesas de traballo con abundante luz natural, fibra óptica de 100 megas, Wi-fi e liña telefónica. Contan tamén con sala de reunións e unha sala de formación independientes, zona de descanso e un office no que compartir café ou facer networking. Tamén dispoñen de espazo adicional no que gardar as bicicletas.

Hórreo, 22 - 3º
15701
Santiago de Compostela

Coworking San Pedro

Nunha das zonas máis emblemáticas da cidade atópase este centro. Coworking San Pedro ten dispoñible diferentes espazos que van dende os 10m2 ata os 40m2. Contan con sala de reunións a disposición dos usuarios, aire acondicionado, alarma, internet de alta velocidade, Wi-Fi e recepción.

San Pedro, 110 Baixo
15703
Santiago de Compostela

Coworking Campus Stellae

Situados xusto en pleno centro histórico de Compostela podemos atopar este centro de Coworking. A maiores dos servizos de Coworking, tamén dispoñen de diferentes salas e espazos para eventos.

Praza da Quintana, 3
15704
Santiago de Compostela

Emprende Cultura Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia e Agadic xestionan este centro de Coworking situado no Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia. Ademais dos servizos básicos (mesa de traballo, cadeira, estante, conexión a internet de alta capacidade, conexión telefónica, caixa de correo, taquilla, subministro eléctrico, auga e calefacción), a posibilidade de disponer dunha sala de reunións de grupos equipado con wifi e proxector e dunha sala-despacho.

Monte Gaiás
15707
Santiago de Compostela

Espacio Nido

Espacio Nido Compostela é un espazo de coworking situado no ensanche de Santiago de Compostela, amplo, luminoso e con boa localización, no que profesionais, autónomos ou pequenas empresas, poderán traballar nun entorno colaborativo.

Rúa Romero Donallo 38, Baixo
15706
Santiago de Compostela

Area Centro de Negocios

Situado en Area Central, este espazo de Coworking ofrece, ademais dos servizos básicos de este tipo de espazos (mesa, silla, conexión a internet de alta velocidade, teléfono, suministro eléctrico, auga e calefacción), a posibilidade de dispoñer dunha sala de reunións de grupos equipado con Wi-Fi, proxector e dun despacho, de maneira flexible e sen compromisos.

Rua Varsovia, Bloq 4C, Edif. Área Central
15707
Santiago de Compostela